«Cada xeración fará unha lectura diferente e actual de ''Na estrada''. É un clásico»

PONTEVEDRA

ANA COUCEIRO

Kalandraka publica a obra de Jack Kerouac traducida ao galego polo xornalista e escritor : «Non debía deixar pasar esta oportunidade»

12 oct 2020 . Actualizado a las 11:55 h.

A biblia da xeración beat, un clásico da literatura estadounidense do século XX, obra de culto... Na estrada, a novela cenital de Jack Kerouac, acaba de ver a luz en galego da man da editorial pontevedresa Kalandraka e con tradución de Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia.

-Como xurdiu a idea de traducir «Na estrada»?

-Foi unha proposta de Kalandraka que me chegou nun momento de bastante traballo -traduzo no meu tempo libre- pero que aceptei, entre outros motivos, porque a novela de Kerouac me impresionara moito cando a lin por primeira vez e sentín que non debía deixar pasar esta oportunidade.

-Coñecida como a biblia da xeración beat, que foi o máis complicado de achegarse a este clásico liteario?