Durante tres meses de 1952, Carlos Maside residiu en Combarro, período no que conviviu coas xentes do mar e que se caracterizou, en palabras de Rafael Vallejo Pousada, por «unha febre creadora». Froito desta fecunda labor artística é a mostra que se inaugurou no Sexto Edificio do Museo, Carlos Maside en Combarro. 1952. Bosquexos, debuxos e acuarelas que reúne más de cen obras, mentres que o catálogo recolle 312.
O director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García, resaltou que «esta exposición constitúe unha magnífica oportunidade para ver xunta e por primeira vez un volume de obra tan importante». As obras permiten observar «a propia evolución de Combarro», vila na que está previsto realizar unha serie de actividades paralelas, engadiu Xosé Leal, deputado provincial de Cultura.