A gastronomía faise oco no Culturgal

La Voz

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

A Deputación avanza nas iniciativas do Ano do Patrimonio e o Concello presenta unha das actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

04 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Da horta á mesa. Este podería ser o slogan co que o foodtruck do Viaxeiro desembarcou no Culturgal. E é que a Feira das Industrias Culturais no podía obviar á gastronomía. «É O Fogar de Santiso -restaurante ecolóxico ubicado en Teo (A Coruña)- sobre rodas. Montámolo coa idea de levar a nosa cultura gastronómica por todo o país», sinala Xosé Santiso.

Deste xeito, todos os que se acheguen ao Viaxeiro poderán atopar unha proposta de «cociña ecolóxica, honesta e de tempada». Neste punto, Santiso remarca que «todo o producimos nós mesmo. Tempos dez hectáreas de horta, temos gandería e logo transformamos todos os nosos produtos... É dicir, producimos, transformamos, alimentamos e, logo, reciclamos. É un círculo pechado».

Tras incidir en que a súa é «a cociña con cultura» e que «en Galicia a cultura entra pola boca», quixo destacar o feito de que «hoxe pola mañá recollemos os produtos na nosa horta, traémolos para aquí e os botamos nas brasas».

Mentres no Viaxeiro prendían a cociña, o deputado Xosé Leal avanzaba algunha das iniciativas que desenvolverá a Deputación no 2017 polo Ano do Patrimonio. Neste eido, ademais de publicar un mapa guía con catrocentos items patrimoniais da provincia, o organismo provincial prevé levar a cabo toda unha serie de iniciativas nos distintos concellos de Pontevedra, así como se implicará ao Museo e ao Arquivo Provincial.

No ámbito das publicacións, anunciou que o vindeiro ano «vamos a sacar unha colección específica centrada na memoria histórica. Hai na sociedade a necesidade de xerar eses contidos, de visualizar un tema que cremos que sempre ten que estar na nosa axenda».

A de onte foi a xornada cero do futuro Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2017. A fin de contas, a concelleira Anxos Riveiro presentou Escaquis e Romeu, obra de Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano. A segunda obra que produce o propio certame é unha pequena homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz e percorrerá os centros de ensino para que os alumnos traballen sobre el: «O resultado vai a verse durante o Salón».

Traducción

En canto ao Culturgal, hoxe vivirá a súa última xornada.

Entre as citas de este domingo destaca

a presentación da adaptación ao galego de

Un monstro vén a verme

, de Patrick Ness. Neste caso, foi o periodista de La Voz de Galicia e escritor Xesús Fraga o encargado desta labor: «É unha historia moi interesante a que recolle este libro», explica Fraga. «Ten un traspondo, un contexto e un enganche moi persoal, debido aos temas que retrata».

O escritor falará esta tarde de todo o proceso de tradución que rodeou a esta adaptación, que xa vai pola súa segunda edición en apenas dous meses.

«Todas as traducións son complicadas en certa maneira. Ata que non lle coles a voz ao autor, é un proceso custoso», apunta.