O edificio Sarmiento reborda «saúde e terra» e galego

La Voz

PONTEVEDRA

. r. leiro< / span>

15 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hasta el 2 de octubre • Edif. Sarmiento • «A día de hoxe debemos seguir reforzando a loita das Irmandades de Fala en cuestións tan determinantes como a lingua propia, o autogoberno para o noso país e a igualdade entre homes e mulleres». Con esta frase resumía o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, a súa intervención no acto de apertura da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, que se inaugurou onte pola tarde no Museo de Pontevedra. Ata as instalacións provinciais chegou a mostra grazas á Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Deputación da Coruña -organizadores do evento cultural, que poderá visitarse no claustro do Edificio Sarmiento ata o día 2- e o convenio coa de Pontevedra. Ao acto tamén acudiron os representantes das catro institucións: Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Xosé Manuel González Reboredo, presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego; ou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.