O próximo 1 de xaneiro o alcalde de Bueu deixará a Cangas a presidencia da Mancomunidade do Morrazo, un organismo supramunicipal cargado de débedas e cun futuro moi incerto.
-¿Como valora os dous anos nos que estivo á fronte da Mancomunidade?
-Foron dous anos difíciles e complicados porque realmente esa era a situación da Mancomunidade e, sobre todo, polos moitos frentes abertos polas débedas que existían. Esa é a parte máis negativa. Hai outra máis positiva, porque asinei o contrato actual da recollida do lixo con FCC en maio do 2010. Na negociación dese contrato vinme implicado só para a sinatura, porque o anterior presidente, o alcalde de Moaña Xosé Manuel Millán o deixou rematado. Creo que se percibiu unha mellora na calidade do servizo. Aínda así está a parte máis negativa, con máis de dez millóns de euros de débeda e estamos pendentes de como acaba o concencioso con Urbaser.
-Aparte desa sinatura, ¿que máis logrou no seu mandato?
-Houbo un traballo importante e desde a sinatura do contrato, hai ano e medio, puidemos correxir e mellorar a recollida de residuos sólidos urbanos. Ese servizo agora funciona con absoluta normalidade. Tamén conseguimos mellorar a xestión da taxa e nos servizos notouse no incremento da recollida selectiva. Neste tempo hai unha reducción do volume que enviamos a Sogama nun 15 ou 16 %, e iso que non fixemos a parte principal da campaña de concienciación cidadá, que se fará no 2012.
-Pese aos seus esforzos a débeda seguiu incrementándose. ¿Quen son os principais acreedores da Mancomunidade na actualidade?
-Sogama, con seis millóns de euros; Isolux con dous millóns e medio; e FCC cun millón e medio; deixando en corentena o recurso contencioso de Urbaser.
-¿Como se chega a esta situación tan extrema?
-A Mancomunidade veuse abocada a esta situación polo incumprimento dos concellos. Temos dúas vías de obtención de recursos: directamente coa xestión da taxa que recauda o ORAL e tamén polas transferencias correntes. Aquí está o problema: O incumprimento grave dos concellos, coa excepción de Bueu que cumplíu nunha porcentaxe bastante alta. Os outros dous [Cangas e Moaña] levan desde xuño do 2009 sen aportar nin un só euro das súas transferencias correntes.
-¿Ten futuro a Mancomunidade?
-Si, se os concellos cumplen os seus compromisos. Todos os concellos temos problemas de liquidez, cunha tesourería complicada; pero hai que ter en contra que o servizo de recollida de residuos é básico. Todos nos queixábamos de que non funcionaba ben, pero á vez a débeda segue crecendo polos incumprimentos dos concellos. Non podo vaticinar o futuro da Mancomunidade. Se os concellos non toman en serio a situación o futuro pode deparar un cambio na propia estrutura da Mancomunidade. O correcto é que cumplan todos.
-¿Que cambio estrutural?
-Eu aposto porque os concellos cumpranseus compromisos e habería que tomar medidas para garantir a obrigación de que o fagan.
-¿Fracasou a Mancomunidade?
-Eu entendo que non fracasou o modelo. É válido, o que falla é a xestión dos concellos. Ese punto si que fracasa.
-¿Irase Bueu?
-Mentras siga sendo o presidente non vou facer un pronunciamento. Esperarei ao día seguinte.
félix juncal presidente de la mancomunidade de concellos do morrazo