«Fan falla centros de día públicos»

La Voz

PONTEVEDRA

1 O problema principal é a falla dun PXOM, que impide a creación de infraestruturas de equipamento comunitario e chan industrial para atraer empresas. Fan falla centros de día públicos e unha residencia para asistidos, rematar o saneamento do rural e reorganizar as ofertas deportivas e culturais facéndoas estables.

2 O noso compromiso é traballar arreo para que se aprobe definitivamente o PXOM, crear a Xerencia de Urbanismo que o xestione, tentar desenrolar canto antes os polígonos que recolle o casco urbano e que permitirán dotar a Marín de máis zonas verdes e equipamento comunitario.

3 Son o goberno de Madrid e a Xunta os que teñen as competencias nas políticas de creación de emprego. Desde o Concello podemos contribuír a frear a destrución de traballo se somos quén de crear un polígono industrial suficientemente grande como para permitir a ubicación do tecido comercial empresarial de Marín e a chegada de novas empresas. Ademais debemos facilitar e axilizar a tramitación administrativa e facer realidade o centro de formación ocupacional no antigo matadoiro.

4 Debemos traballar para conxugar os intereses do porto coa lexítima reivindicación dos veciños de recuperar a fachada marítima. Isto lévanos ao PXOM e á necesidade de ofertar chan industrial suficiente e con servizos para que, pouco a pouco, as empresas que non teñan relación directa co porto poidan reubicarse.

mar-in isabel martínez