O actor Nani Matos presenta hoxe no Teatro Principal, ás 21 horas, a súa primeira ópera prima como director e guionista, Dies dei. «O día 9 deste mes fará un ano que rematamos o rodaxe en A Guarda», dixo o realizador.
Afincado en Pontevedra, pensou na cidade do Lérez para desenvolver a trama, pero finalmente optou por A Guarda, onde naceu. Aborda unha historia intimista, de sentimentos afectivos entre unha parella de persoas maiores.
Trátase da «primeira vez que me atrevo con isto, ca dirección e o guión». Comenta que tiña o guión dende ai tempo e «a idea de querer plasmalo foi a que me levou a facelo». Presentou a documentación para as axudas da Xunta e conseguiu unha.
«Cando estaba traballando na idea, xa tiña en mente os actores para os personaxes e cando lles din o guión, todos me dixeron que si, o que foi unha satisfacción porque eu realmente non son coñecido no mundo audiovisual».
Interveñen na curta actores moi coñecidos para o público galego, como Mela Casal e Xan Cejudo, como protagonistas, xunto a Susana Dans, Camila Bossa ou Luis Iglesias.
A experiencia foi para Matos moi gratificante, aínda que non exenta de dificultades. «E difícil e apaixonante, pois ai moitas cousas que xorden no momento e ai que resolvelas porque delo depende que o proxecto vaia ben».
Nani Matos, membros do equipo técnico e algúns dos protagonistas do filme estarán esta noite no Principal para falar da obra. A entrada é de balde.