Salvar a vida cando menos se espera, tamén se aprende

Julia Castro

PONTEVEDRA

O obradoiro de primeiros auxilios na escola ensina aos mestres a saír de apuros

24 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Braille, stop motion (iniciación de animación con figiras de plastilina) e primeiros auxilios na escola son os novos obradoiros que se imparten na Semana da Educación no Pazo da Cultura a cargo da CIG.

O obradoiro de primeiros auxilios conseguiu alcanzar os calificativos de «obligatorio» e «imprescindible» entre os docentes que o realizaban na aula número 2 do Pazo. «Penso que me pode ser útil traballando de docente e noutros ámbitos. Non fai moito vin unha noticia en televisión que en Finlandia dende os catro anos facían os primeiros auxilios nas aulas e nós este tema, o temos moi descoidado», explica o profesor de Educación Física, Quito Parada.

No seu primer día de clase como alumnos, os mestres realizaron prácticas de reanimación cardiopulmonar. «Hai que saber practicar a respiración porque se inspiramos demasiado podemos pasarlle dióxido de carbono e non tanto oxígeno. É unha boa formación que evitaría moitas veces algunha situación complicada como atragantamentos, porque os rapaces están comendo a présa para rematar a merenda e saír disparados para o recreo. Xa ten pasado que se poñen a toser porque se atragantan», comenta a profesora de infantil do colexio de Castrelo en Cambados, Ana María Tomás.

Este curso, xunto a 9 obradoiros máis, serve para complementar os coñecementos dos mestres da provincia pontevedresa. «Os docentes saen de traballar ás dúas e ás cinco veñen a realizar os cursos. De maneira que se busca que os cursos sexan o máis prácticos e lúdicos posibles, ademais de que se poidan aplicar directamente na aula», explica o organizador das xornadas, Xacobe Rodríguez.

O saber non ocupa lugar

A Semana da Educación leva 21 anos ofrecendo os seus obradoiros a mestres de infantil, primaria e secundaria. A elección dos participantes nos diferentes cursos seguen certos patróns. «En teatro apúntase máis profesores de primaria, mentres que os de secundaria optan polo obradoiro de habilidades sociais», comenta Rodríguez.

Trátase de cinco días intensivos que dispón de 10 obradoiros simultáneos. As xornadas foron un éxito de inscripcións, pois a matrícula abriuse a principios de mes e permaneceu aberta quince días, conseguindo cubrir todas as plazas disponibles. A organización contabilizou unha media de 25 persoas en cada obradoiro, conseguindo reunir en total 150 docentes con ganas de aprender.