«O triatlón é un test para que lle concedan a cidade o mundial»

A. González

PONTEVEDRA

A proba obrigará a cortar o tráfico no centro o domingo, mentres as restricción de aparcamento arrincaron onte á tarde

15 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O campeonato de Europa de Triatlón paralizará a cidade o próximo domingo. O xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, prepara un dispositivo de seguridade e tráfico no que participan máis de cen profesionais.

-¿Os dispositivos de seguridade serán similares aos do ano pasado?

-Hai lixeiras variacións pero a superficie afectada será practicamente a mesma.

-¿Tiveran moitos problemas de organización?

-Esperamos seguir na mesma liña. O ano pasado funcionou bastante ben, pero estamos tomándolo con máis seriedade. Non queremos caer no relax de pensar que o ano pasado saiu ben e este vai ser igual.

-¿Desde hoxe (por onte) xa está restrinxido o estacionamento preto da rúa Xosé Malvar?

-Vai haber restriccións de circulación e de estacionamento, estas últimas comenzan o sábado a partir das 6 da maña na avendia de Compostela, na de Bos Aires, Celso Emilio Ferreiro e na zona do campus. A partir das 15.00 horas prohíbese o estacionamento en Rafeal Areses, avenida de Bos Aires, rúa Fernando Olmedo, Santa Clara e Cobian Roffignac. Dende as 22.00 horas será xa en Padre Gaite, José Malvar, a rotonda da Xefatura de Tráfico e o Parque das Esculturas. A policía está colocando unhas banderoalas para sinalar, pero se ainda así hai coches haberá que levalos ao depósito.

-Estas restriccións son para o sábado, pero o domingo péchase a circulación...

-A proba ten tres disciplinas, no río, a volta ciclista e a carreira a pé. Estará pechada toda a zona onde se vai realizar o campeonato e nas rúas de Santa Clara, Sarmeinto, Real e A Ferrería non se poderá nin entrar nin sair. Para evitar a desinformación a organziación diseñou uns dípcticos que está repartindo por todalas casas e garaxes. Iremos abrindo os circuitos cando remate a proba para normalizar o tráfico.

-¿As entradas á cidade estarán tamén pechadas?

-Recomendamos que entren por outros viais alternativos, como o cruce de Alba, A Barca ou por a AP 9 para evitar confucións. A clave para o bo funciomanete e a información.

-E para aparcar...

-Non se pode contar con recinto feiral e si co antigo mercado provisional e haberá moitas zonas de restrcción, ademáis dos párkings privados. É a restricción de tráfico máis importante dende que eu estou aquí.

-¿É un traballo moi minucioso da policía?

-É un despliegue importantísimo no que levamos traballando desde hai tres meses. Hai 28 policías, 70 voluntarios, a Guardia Civil, Protección Civil, bombeiros, socorristas, piraguitsas, servizo de limpeza, postos médicos e ambulancias.

-¿O circuito estará todo vallado por seguridade?

-Hai un despliegue acuático, un dispositivo médico avanzado e ambulancias en distintas posicións para atender os riscos durante a carreira.

-¿Cantas persoas esperan que asistan a proba?

-Se o ano pasado houbo 30.000 persoas, este ano haberá máis, xa que esperamos ter bo tempo.

-Pontevedra xógase moito...

-Somos conscientes da importancia que ten. Pode servir para proxectar a cidade en sentido positivo e parece que o evento pode ser un test para que á cidade lle concedan a organización do mundial do 2011.