Máis de cen parexas participarán esta fin de semana no segundo Trofeo Concello de Barro de Baile Deportivo
23 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Máis de cen parellas procedentes de toda Galicia e de Portugal participarán o próximo domingo no II Trofeo Concello de Barro de Baile Deportivo, organizado pola escola pontevedresa de baile Pasos.
O pavillón municipal será o escenario da competición, puntuable para o ranking nacional da Asociación Española de Baile nas modalidades standard e latinos. Os primeros son bailes de corte máis clásico, como o tango, o slow, o quick, o vals inglés e o vienés, mentras que os segundos engloban o chachachá, samba, rumba, pasodoble e jive.
Participarán parellas de todos os grupos de idade: Xuvenil (menores de 11 anos), junior (de 11 a 12 e de 12 a 13 anos), youth (de 15 a 17 anos), adulto (de 18 a 25 e de 25 a 35 anos) e senior (entre 36 e 45 anos e mayores de 45 anos).
Estes grupos dividense en diferentes categorías que van da H, que é a máis baixa (10 semanas de clase) ata a A e a S, máximas categorías de nivel nacional que supoñen alcanzar varios podiums en todas as categorías inferiores, así como posuir unha gran calidade técnica e artística.
Bailaríns de élite
Competirán parellas que xa foron campionas de España, entre elas Fernando Lareu (Pontevedra) e Noelia Pintos (Vilagarcía) que representarán ao pais no próximo campionato do Mundo Junior Latino a celebrar o 14 de febreiro en Bassano di Grappa (Italia). Dita parella tamén foi campiona de España Standard Junior en duas ocasións.
Adrián Esperón (Pontevedra) e Patricia Martínez ( Mos), compiones de España Sub-19 e participantes no Campionato do Mundo, tamén estarán na competición de Barro.
Este evento lles servirá de preparación para o próximo campionato de España de dez bailes, no que teñen moitas posibilidades de triunfo.
O Baile deportivo xa está recoñecido como deporte por CSD e o COI e depende da IDSF (Internacional Dance Sport Federation), que ten como representación en España á AEBDC (Asociación Española de Baile Deportivo y de Competión) que en breve se convertirá en la Federación Española de baile Deportivo.
Miguel Abreu Fernández é o organizador do Trofeo de Barro, xuiz e adestrador internacional de baile deportivo.