Interculturalismo á procura de sons en Cantos na Maré

La Voz

PONTEVEDRA

13 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Festival Internacional de Lusofonía que se está a celebrar estes días na cidade chega hoxe a súa clausura cun apartado adicado ao expresión artística, CNM Espectáculo, que se enmarca na procura de sons, músicas e culturas que traspasan as fronteiras e convértese no escenario dunha festa multicultural onde se dan cita as mellores voces de Galicia, Portugal, Cabo Verde, Guinea Bissau, Brasil...

Procedente do país veciño actuará Sergio Godinho, un dos artistas máis importantes na escena musical portuguesa. Como representante da nosa comunidade estará Xabier Díaz, músico e compositor e integrante recente do grupo Berrogu_etto.

Procedente de Brasil, Paulinho Moska destaca polas súas baladas pop electrónicas en liña melancólica, ofrecendo unha moderna relectura da rica tradición da bossa nova.

O toque exótico corre a cargo da caboverdiana Sara Tavares, recoñecida como unha das mellores voces contemporáneas, e o angoleño Waldemar Bastos, un dos cantautores africanos máis auténticos e comprometidos coa realidade do continente.

O espectáculo comezará ás 19. 30 horas no Pazo da Cultura.