Outra das estrelas do Nadal será o festival de maxia que se vai celebrar do 26 ao 28 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra.
Na primeira xornada actuará Symbiosis, cun espectáculo moi innovador titulado Maxia para vós.
O día 28, tocaralle ao mago Pedro Volta, ven coñecido polos pontevedreses, que xamais deixa indiferente a ninguén e sempre sorprende polo seu atrevemento e as dificultades dos seus xogos ilusionistas.
E o día 28, clausurará o ciclo de maxia Cyrille Sinclair. Este mago, residente en Vigo, tamén ten unha importante traxectoria profesional, actuó en grandes grandes festivais e ten no seu haber, como os anteriores artistas citados, varios premios.
O festival de maxia xa foi moi ven acollido polos pontevedreses no programa de nadal do ano pasado. É un espactáculo para o público familiar. Todas as actuacións serán as 18.30 da tarde e s entradas, a 2 euros, xa poden mercarse en venda anticipada na taquilla de www,caixanova. es.