«A mellor seguridade que pode ter Defensa é a convivencia cos veciños»

PONTEVEDRA

O dirixente veciñal considera que a relación coa base militar foi, ata o de agora, como «un matrimonio que ten momentos difíciles pero puntuais»

23 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Acompañado por un grupo de veciños, Fernando Pintos, portavoz dos afectados de Salcedo polo perímetro de seguridade da Brilat, asume que o conflito pode ser longo, mais advirte que «non nos rendiremos, ainda que teñan que continualo os nosos netos».

-¿Cal é a situación?

-A situación é que neste momento nos atopamos cunha orde ministerial aplicada por Defensa sen que os veciños foran informados de nada. En definitiva, adoptouse con nocturnidade e alevosía e iso despertou, incluso nos veciños que non están directamente afectados, unha tensión e unha preocupación enorme. Isto non ten precedente. Levamos cos militares maís de carenta anos e ata o momento non se deu unha circunstancia que provocase tanta tensión coma a que existe agora.

-¿Como se poido chegar a esta situación?

-Chegase porque non se tivo en conta para nada ao pobo. Aquí hai asentamentos de poboación con máis de trescentos anos, levase vivindo aquí antes incluso que algunhas zonas do casco urbán de Pontevedra, e da noite para a mañán dámonos conta de que hai unha cabeza pensante, malpensante, que di que ''imos botalos para abaixo'' ou ''imos a correlos de aquí''. Eu creo que, un pouco, é como se chega a isto e porque se explica o cabreo.

-Moitos dos afectados sosteñen que existe unha certa desinformación entre os pontevedreses. ¿A que se refiren?

-É sinxelo. Nas reunións que estamos mantendo cos partidos políticos percatámonos de que, cando lles damos a información que temos e lle explicamos sobre plano cal é a nosa realidade, quédanse sorprendidos. Hai unha mala interpretación cando os militares din na orden que son trescentos metros ''desde nuestra propiedad''. A realidade é que non é dende a propiedade, senon que é dende o monte comunal, que tamén é dos veciños. Outra cousa é que ainda non o houbesemos reclamado dunha maneira xudicial. Eles collen dende o perímetro do monte comunal, o que equivale que exista afectacións que estean a catro mil metros da base.

-¿Catro kilómetros?

-Sí. Si o aplicas hacia o Oeste colle ata a Estación de Autobuses.

-¿Non se puido evitar antes que o decreto fose adiante?

-Temos información contrastada, incluso por militares que estiveron na base, que isto xa se quiso aplicar noutro momento e os mesmos militares nunha reflexión, que me parece moi correcta, o descartaron. Consideraron que era preferible convivir cos veciños que estar en conflito. Neste caso, tal vez unha persoa sen coñecemento de nada ou con pouca cabeza comunicou isto a Madrid e como alí descoñecen todo isto o aplican.

-Fala de máis de carenta anos de convivencia, ¿como foi ata o momento esta relación?

-Dende o nacemento da base como CIR -Centro de Instrucción de Reclutas- ata o momento houbo momentos de todo tipo...

-¿Como un matrimonio?

-Sí, como un matrimonio que ten momentos difíciles pero puntuais, e que se foron solucionando. Ista situación foise aguantando ata que chega isto, que afecta directametne ás propiedades, e o afectados e veciños non o aceptan. Non perden as súas propiedades pero si a liberdade para desenvolverse dentro dela. A mellor franxa de seguridade que pode ter Defensa é a convivencia cos veciños.

-¿Tamén é como un matrimonio a relación que manteñen coa comunidade de montes?

-Quero deixar claro que nos estamos como afectados das propiedades privadas. Despois está o monte comunal que ten unha xunta directiva que debería defender o seu patrimonio xa que ten unha afectación importante con esta franxa. Eu non vou entrar nesa guerra e perder o tempo.