Uns dous mil nenos terán a posibilidade de participar no programa das escolas municipais deportivas, que ofertan esta tempada 2008-09 un total de quince disciplinas, con catro modalidades novas como son a loita, o hóckey, o rugby e voleibol.
A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, subliñou que as actividades deportivas poranse en marcha o vindeiro 1 de outubro, da man de clubs de Pontevedra que colaboran coa promoción do deporte entre a poboación en idade escolar, xunto co Instituto Municipal de Deportes.
O IMD facilita os recursos económicos e infraestruturas para que os nenos de 4 a 14 anos, poidan desenvolver o seu deporte favorito.
Anxos Riveiro resaltou que estanse a poñer en marcha escolas deportivas para grupos especiais, nenos con discapacidade, e tamén para persoas con problemas de inclusión social e para a terceira idade. Ademais, tamén se estenderá esta iniciativa aos nenos do rural, polo que en total, haberá 2.750 prazas.
Na organización das actividades participan 23 asociacións deportivas do concello, e un de Vigo, o Hockey Stick.
As modalidades deportivas ofertadas son baloncesto, atletismo e educación física de base, fútbol masculino, ximnasia artística, ximnasia rítmica, judo, tenis, tenis de mesa, balonmán, fútbol sala masculino e feminino, rugby, loita, voleibol, hóckey e natación. Os interesados poden facer a súa reserva n Pavillón de Deportes. A actividade que conta cun maior número de participantes é o fútbol, sobre todo entre os nenos, mentres que as nenas prefiren o baloncesto, a ximnasia e a educación física.
O Concello de Pontevedra destina a este programa un orzamento de algo máis de 141.000 euros.