Tiradores en perigo de extinción

PONTEVEDRA

As «escopetas» do Club de Tiro Río Lérez viven desterrados nas instalacións de Cerdaniñas Novas, en Vilaboa, a única que lle abriu os brazos para adestrar

31 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Nesta historia non son os animais os que corren un serio risco de desaparecer. Nin tan sequera os pratos, porque afortunadamente a industria que os fabrica segue a ter, noutras latitudes, clientes dabondo para seguir subsistindo. Os que, de seguiren así, van camiño de esfumarse do mapa da actualidade son «as escopetas», é dicir, os tiradores ao prato da provincia de Pontevedra.

José Manuel e os seus fillos son deses que se resisten a baixalos brazos para entregarse a este mal endémico da desaparición paulatina dos campos de tiro, que ven asolando á rexión galega dende fai xa varios anos.

A afección dos tiradores presenta profundas diferenzas coa a carreira de cazador, ainda que son moitos os que meten a todos nun meso saco. Os tiradores de prato confesan orgullosos que polas súas instalacións «pasan coellos dun lado a outro e uns quedamos mirando para os outros, respetándonos».

Unha forma de vida

Ese ruido reinante dos campos de tiro e os seus arredores, unhas veces ensordecedor e moitas outras embelesador, (sempre segundo os oídos cos que se escoite), é só un ingrediente máis dunha singular forma de vida.

José Manuel comenzou a disparar aos «pratos voadores» fai xa máis de tres décadas. Ese gusto, o de ir pulindo a puntería ata ser quen de alcanzar un disco de apenas oito centímetros a moitos metros de distancia, transmituillo á súa descendencia.

Rubén, un dos seus fillos, tomou o testigo. Adestrando estes días no campo de Cerdaniñas Novas, (xa que o campo de Bora está pendente de ser acondicionado ás novas normativas de seguridade) pódese ver cómo era José Manuel de novo. Os petos do chaleco repletos de cartuchos. Un ollo pechado para que o outro guíe a escopeta de dous canos cara a enigmática traxectoria que collerá o proxectil laranxa a alcanzar. Silencio primeiro e aturdimento despois.

O fillo é campión de Galicia. Unha medalla atestigua que ten un dos pulsos máis fiables da comunidade. En Vilaboa, Rubén é un máis, ainda que os seus casquillos fumeantes confúndense no chan cos do seu pai e os das demais escopetas. Aquí, nesta modalidade deportiva non hai idades. Rapaces, adolescentes de 16 anos (con consentimento expreso dos seus proxenitores) poden presumir de licencia. No posto do lado, veteranos tiradores de ata máis de 80 anos equipáranse para intentar esnaquizar máis pratos que o resto.

Rubén confesa que «como te desconcentres, está perdido». O seu pai, asinte coa cabeza e lamenta que «cada vez hai menos tiradores de curta idade».

Deporte olímpico

Pai e fillo tiveron que cambiar o seu escenario de adestramentos. Lamentan que o campo de Bora esté pechado porque «era unha referencia», como advirte José Manuel. O motivo é que «estamos esperando a que se amplie a zona de seguridade» e ata entón dan «gracias á Sociedade de Caza de Vilaboa porque por eles podemos estar tirando ata que se axusten as nosas instalacións». Aseguran estar en débeda moral con esta sociedade vilaboense, xa que nos últimos tempos, «as diferentes institucións foron pechando moitos campos en varios puntos de Galicia e cada vez quedan menos».

As diferenzas comenzan a ser abismales con respecto ao visto na pequena pantalla dende Pekín, nos Xogos Olímpicos. «O nivel dos tiradores galegos é bo», aseguran pai e fillo. «Temos campións de España e algún podio no Campeonato de Europa», sinala José Manuel, ainda que as queixas de todos os presentes no campo de tiro de Cerdaniñas Novas oriéntanse cara «a falta de axudas a todos os niveis: concellos, governo galego, federación galega e española...». Ainda así, a pesar dos pesares, o tiro ten claros os seus obxectivos.