«High School Musical» estréase esta tarde nas instalacións do Centro Social Caixanova

N.R

PONTEVEDRA

31 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Despois de estar percorrendo toda España dende o pasado mes de febreiro, o musical High School Musical chega hoxe á cidade de Pontevedra e poderá disfrutarse ata o vindeiro 3 de agosto.

O espectáculo ten dúas funcións por xornada, ás 17 e ás 21 horas. Os prezos oscilan entre os 35 e os 45 euros en anfiteatro.

É unha representación que conta con 32 actores e bailaríns de entre 16 e 22 anos, que darán vida ao musical basado na película de Disney Channel. A producción tivo unha gran acollida entre o público máis xoven, sendo avalada por cerca de catro millóns de espectadores.

Dúas cancións inéditas son a sorpresa que agarda por aqueles que vaian ver o musical. Será totalmente en castelán e contará con 18 números, nos que se pode rir, chorar e gozar.

Unha historia netamente estadounidense que segue a estela de Romeo e Xulieta ou Grease, pero que manterá aos nenos entretidos durante dúas horas.

O elenco de actores farán inesquecible este espectáculo que chega por vez primeira á cidade.