Marcón aposta pola fabada

Chelo Lago

PONTEVEDRA

Celébrase hoxe a segunda edición da festa gastronómica a beneficio do club de fútbol da parroquia

13 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Por segundo ano consecutivo, o Marcón Atlético celebra a Festa da Fabada, no propio campo de de fútbol do Carrasco, que estará cuberto cunha gran carpa para acoller, ben sentadas, a unhas 500 persoas.

As racións comenzarán a servirse sobre las 13.30, logo de que David Amor, xogador do Teucro e veciño de Marcón, lea o pregón. O prezo será de 7 euros, nos que se inclúe a cazola de barro coa comida, pan, un vaso de viño tinto -do país ou ribeiro-, cervexa, auga o refresco e unha culler, «que non é de plástico e se pode levar para casa e utilizar logo», segundo subliña José Lorenzo, secretario do club. Tamén comenta que outro directivo, Félix Casado, que traballou como cociñeiro profesional no Exército, será o encargado de elaborar o menú. Este ano preparará alrededor de 700 racións de fabada que os organizadores esperan vender. O prato levará fabes, panceta, chourizo, morcilla e orella. A festa estará amenizada polo grupo de música tradicional Os Alegres. Tamén sortearanse, por un euro, agasallos doados por empresarios, como una bicicleta, unha funda nórdica, un cristalería e un cochinillo vivo.

A festa convertirase tamén nun homenaxe a Arancha Rodríguez, nena desta parroquia que acadou a final do concurso Tienes talento. A partir das 18 horas, actuarán la Orquesta Cinema e o grupo Chicas Show.

A Festa da Fabada é unha iniciativa da directiva do club Marcón Atlético para conseguir cartos para financiar os equipos. Arredor de cen nenos e mozos militan neste clube.