Santa María, o Museo e Santo Domingo serán sede dun programa de música clásica e experimental
12 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Catedrais, igrexas, mosteiros e museos, representativos do patrimonio cultural galego, serán os escenarios do programa Espazos sonoros, unha proposta da Consellería de Cultura que ofrece ciclos de música clásica, contemporánea e experimental, no que participan 25 formacións, cun total de 66 concertos a celebrar ata o 14 de xuño en Santiago, Vigo, Pontevedra, A Corula, Lugo, Ourense, Allariz, Iria-Flavia, Xunqueira de Ambía, Celanova, Ribadavia, Viveiro e Monforte de Lemos.
O programa consta de cinco ciclos temáticos (música de órgano, vocal, antiga, de cámara e outros sons) e aúna o atractivo das propostas musicais e o dos lugares nos que estas teñen lugar, poñendo en valor o patrimonio histórico desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural e achegando ao público ditos espazos e a súa significación.
En el caso de Pontevedra, a Basílica de Santa María A Maior será escenario do ciclo de música vocal, cun primer concerto que se celebrará hoxe, sábado, a cargo de Capela Madrigalista. Neste ciclo destaca o esforzo por presentar obras recuperadas do patrimonio musical galego e están previstas tamén as actuacións Ultreia e Camerata Vivace.
O Museo Provincial de Pontevedra acollerá os concertos do ciclo de música de cámara, con programas moi variados. E as ruínas de Santo Domingo será sede do ciclo titulado outros sons, que achegará propostas que van do jazz á musica con raíces. Aquí se mesturarán timbres e testuras de grupos de Galicia, Noruega, Brasil, Estados Unidos e Mongolia. Un dos recitais más vanguardistas será o que ofrecerá en maio a formación da República de Turquia Huun Huur, cunha música basada en sons musicais dos pastores da rexión fonteriza entre Mongolia e Siberia.
Máis da oferta para esta para este ano 2008, Espazos sonoros pretende ser un programa estable para a presentación de propostas de música clásica e outros estilos de música contemporánea e experimental.