Desde o martes, O Grove dispón dun servizo que permite moito máis que navegar
por Internet. A aula conta cunha dinamizadora disposta a asesorar a quen o precise sobre o manexo das novas tecnoloxías e a organizar cursos segundo as demandas dos usuarios.
-¿Temos moito camiño por percorrer aínda neste mundo virtual ou non é para tanto?
-Si, aínda hai moita xente que non atopa necesarias Internet nin e as novas tecnoloxías cando son ferramentas moi útiles para usar desde a casa, que permiten aforrar moito tempo.
-¿Cales son as principais aplicacións que lle recomenda á xente?
-Pois desde para pedir cita co médico ou na ITV ata para ler o xornal, facer un álbum dixital ou para falar con amigos e familiares a través das cámaras web e programas gratuítos. Hai moitas cousas que se poden facer.
-Esa aula é máis ca un cíber ¿Cal é a principal motivación dos veciños que acoden á casa de cultura?
-Gústalle que haxa unha persoa a quen preguntarlle as cousas.
-¿Hai complexo por non saber destas cousas?
-Si, a xente aínda ten complexo a preguntar cousas básicas de Internet. Viñeron hai pouco unhas rapazas que non sabían a diferenza entre as direccións dun correo electrónico e unha web. Son cousas que non se atreven a preguntar nun cíber.
-Non serán os cativos.
-Os nenos controlan un montón.