O Hotel Carlos I de Sanxenxo acolle a segunda edición de la Gastyzouk party, que se desenvolverá desde hoxe e ata o vindeiro domingo, e inclue dous días de festa coa intervención do pincha discos Latin Luis, seis horas de clases de baile -zouk, salsa, bachata-, espectáculos e mesmo cea e comida de despedida.
As actividades comezarán esta mesma noite, cunha festa de benvida aos participantes.
O sábado, as clases comezarán ás 12 horas e estarán a cargo de profesores holandeses e o organizador, o bailarín e coreógrafo cubano Luciano Gomes, que xunto ao asturiano Luis Rodríguez, e a pontevedresa Débora Loyola, fundou o Gast Zouk Club, que deu orixe a primeira festa de zouk en Pontevedra. Ao rematar as clases haberá unha cea no propio hotel e espectáculos de baile onde actuarán profesores e alumnos e donde a diversión está garantida.
A festa de zouk está dirixida a aficionados ao baile, non necesariamente a profesionais, e os interesados aínda se poden apuntar ás clases.
O ano pasado, perto de duascentas persoas de distintas provincias de España se diron cita no mesmo hotel para participar da primeira edición de este encontro sobre o baile brasileiro.