Relevo en Amarante

Chelo Lago

PONTEVEDRA

Fernanda Couñago substitúe a Xoán Hermida na dirección da ONG, que quere aumentar os seus socios

06 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Fernanda Couñago será elixida hoxe directora de Amarante na asemblea extraordinaria que este colectivo celebra en Santiago. Creada fai oito anos en Pontevedra, os mesmos que levaba ao fronte dela Xoán Hermida, a situación deste colectivo é agora ben distinta. Dunha asociación que constituiron 5 persoas con 60 euros, agora conta con 200 socios e un orzamento para este ano de 204.000 euros. Ademáis, os seus responsables subliñaron que a propia administración recoñece a calidade dos seus programas ao a Xunta a Amarante coa mellor puntuación na actividade de sensibilización.

Neste tempo tamén lograron ser interlocutores das dúas grandes empresas do téxtil galego, Inditex e Adolfo Domínguez, coas que traballa permanentemente nos temas da responsabilidade social corporativa. E tenñen en marcha dous proxectos en Brasil e Ecuador, no primeiro coa construcción dunha escola de formación e capacitación agraria e no segundo, cun programa de cacao orgánico, ademais do programa de comercio xusto coas administracións. Neste apartado dispoñen de tres tendas en outras tantas cidades galegas, entre elas Pontevedra, e unha cuarta en Ourense que abrirá o mes que ven.

Un dos seus obxectivos inmediatos é aumentar o número de socios ata os 300 para afianzar si cabe aínda máis, a súa total independencia. O perfil que buscan e persoas non só doantes, senón que se sintan identificadas cos proxectos da organización, polo que tamén levarán a cabo cursos de formación para os voluntarios e activistas.

Tanto Couñado como Hermida incidiron en que parece algo obvio defender a independencia dunha organización deste tipo, pero na práctica hai moitas dependentes de empresas e de partidos políticos, ou que actúan como correas de trasmisión. Outras veces son os propios partidos ou as administracións os que tratan de forzar esa situación, feitos que según Hermida, «demostran a pouca calidade da democracia española».

Autocrítica

Ante os casos de Anesvad e Intervida, Hermida pensa que «é hora de que os cidadáns empecen a analizar críticamente o papel das ONG». Subliñou como desalentador a falta de compromiso coa solidariedade galega por parte das ONG, que «entenden Galicia como zona de recadación de fondos exclusivamente», é que cando hai un desastre natural «de súpeto aparecen centos de contas, incluso dalgunhas organizacións que non teñen programas na zona afectada, e por contra, cando hai unha represión importante como está habendo en Birmania, ás ONG enmudecen». Aproveitou a ocasión para recordar que desde a campaña Roupa Limpa «temos denunciado o papel das autoridades militares nese país e como as multinacionais campan as súas anchas», e citou tamén o exemplo de China ante os Xogos Olímpicos. «O COI mira para outro lado e todas as empresas que levaron concesións para fabricación de prendas deportivas están a facelo sen respeto para os dereitos humanos, e nese país xa sabemos que nivel de respeto aos dereitos humanos hai».

Queren fomentar un pensamiento crítico da sociedade galega, para o que programarán nos seus locais unha serie de actividades, tanto dirixidas aos nenos como aos adultos, con charlas e proxeccións de documentais durante todo o ano, ademais de degustacións de productos de comercio xusto e as tradicionais campañas como a de Nadal sobre ese comercio.