Una exposición amosa na Casa das Campás o esplendor da cidade nos s. XV e XVI ao redor da Moureira
04 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.A exposición Pontevedra peirao de historia, organizada polo arquivo municipal de Pontevedra, quere presentar a historia da cidade desde a perspectiva do porto e das mercadorías que por el saían e entraban, como subliñou en Radio Voz o arquiveiro Enrique Sotelo, coordinador da mostra.
O potencial portuario da cidade nos séculos XV e XVI era enorme, pois era porto de saída dos viños do ribeiro e da sardiña. «El mercado entonces -engadiu- iba tanto hacia el Atlántico Norte como hacia los puertos del Mediterráneo españoles y también italianos, incluso hasta llegar a Túnez».
Toda esta actividade xeraba un importante movemento económico, pois o XV e XVI, son os séculos de ouro da cidade. «En la última parte de ese último siglo empieza el encenegamiento del puerto, lo que conlleva un parón económico enorme», matiza Sotelo.
O desenvolvemento portuario daquela Pontevedra está enclavado no que era a zona de Moureira, desde a ponte do Burgo ata a desembocadura do Gafos. A zona estaba dividida en tres partes: a Moureira de arriba, próxima á ponte do Burgo, a da Barca e a de abaixo ou das Corbaceiras. No Porto ou Moreira da Barca estaba a plancha na que se descargaban as mercadorías por cuestións fiscais. Tamén había unha serie de peiraos para pesca e uns puntos de descarga de mercadurías para cando a prancha estaba atestada de navíos.
O potencial do porto decaeu en primeiro lugar, pola súa situación, según Sotelo. «El puerto está situado al fondo de la ría, que no es precisamente ría, es río-ría, y todos los aportes fluviales que trae el Lérez provocan un menor calado, con lo que los barcos de alto porte de mercancías no tienen tan fácil la llegada».
A isto hai que engadir que «la barra que unía Placeres con Tambo y parte de Campelo, también se va encenegando con estos aportes, lo que impide el paso de los barcos de alto bordo».
Como curiosidade Sotelo subliña que «hay un momento en la historia que Pontevedra trata de comprar el puerto de Marín al monasterio de Osera para utilizarlo como puerto de mercancía, pero el proyecto no fraguó, pues los monjes sabían muy bien lo que tenían».
Por certo, que a devandita barra funcionou tamén coma elemento disuasorio para as embarcacións inimigas que pretendían superala cara adentro, onde a navegación complicábase debido aos numerosos baixos.
Na mostra, na que figuran fotos antigas e planos cartográficos, tamén se recollen unha serie de documentos, como a copia do foro que concede Fernando II a Pontevedra no 1169, a concesión da Feira Franca por parte de Enrique IV, o unha serie de cartas de aceptamento dos produtos que saían de Pontevedra, como sardiña, madeira, viño e mesmo da incautación de barcos con cereal.
Enrique Soutelo destaca tamén un libro de actas municipais nas que se recollen o traslado dunha provisión real que impedía cortar madeira ou vender barcos porque se estaba a producir, ala polo ano 1560, unha deforestación de todo o litoral pontevedrés.
«Se actuó así -explicou- para proteger el desarrollo forestal y así nosotros pasamos a tener que importar madera de los asturianos y del norte de Galicia».
A mostra tamén ten un apartado dedicado ao estado actual desta zona, cos vellos peiraos enterrados baixo a avenida de Buenos Aires.