A mostra de Keith Haring atraeu a sete mil visitantes


A linguaxe iconográfica do recoñecido artista norteamericano Keith Haring (1959-1990) cautivou este verán aos sete mil visitantes que pasaron desde xuño polas salas de exposicións do Café Moderno da Fundación Caixa Galicia, convertindo esta mostra nunha das máis visitadas desde a rehabilitación do inmoble da praza de San Xosé.

A sede da entidade amosa a obra gráfica sobre papel de Haring, realizada entre os anos 1982 e 1990, e permite a través dos 120 traballos expostos documentar o desenvolvemento artístico do creador.

Ademáis dos devanditos visitantes, máis de mil persoas participaron tamén nas actividades didácticas programadas pola entidade con motivo desta mostra. En ArteAventura, dirixida aos máis cativos, foron cincocentos os rapaces que, entre outras tarefas, aprenderon a facer chapas cos debuxos de Haring. E máis de seiscentos adultos asistiron ás visitas guiadas programadas arredor desta proposta artística.

Se aínda non tiveron a oportunidade de vela, poden facelo ata mañá sábado e facerse unha imaxe global da linguaxe iconográfica de Keith Haring, composta por bebés, cans, anxos, falos ou figuras de Batman, representados nunha multicromía de gran intensidade. O artista chamou a estas imaxes Icons, en referencia aos santos do catolicismo, pero neste caso ao servizo do espíritu contracultural do seu tempo.

Entre os debuxos expostos, figura a serie Andy Mouse, realizada en colaboración con Andy Warhol e que Haring escolleu como motivo para os produtos que vendía nas tendas de Nova York e Tokio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A mostra de Keith Haring atraeu a sete mil visitantes