CAFÉ MODERNO | 21.00 HORAS
30 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.O grupo Leo Gianneto's Jazz Project celebra hoxe en Pontevedra o derradeiro concerto da xira galega. A banda pretende achegar o jazz a outros estilos musicais, como poden ser o pop, o rock, soul, etc. Uruguaio de nacemento pero galego de adopción, Leo Gianetto é o líder desta formación que tenta achegar ao público as cancións dos Beatles adaptadas ao jazz. Estará acompañado por algúns dos principais representantes da música jazz de Galicia, como Javier Constenla (piano), Diego Pérez (contrabaixo) e Carlos Arévalo (batería). As entradas son de balde e as invitacións poden na sede da Fundación Caixa Galicia.