Concha Buika actúa esta noite no Pazo da Cultura

La Voz CH. L. | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

KOPA

A artista manexa todos os estilos, desde o jazz ao flamenco O concerto será as 21 horas e está enmarcado no ciclo «Con voz propia»

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? artista mallorquina de orixe guineano Concha Buika chega a Pontevedra para ofrecer hoxe un concerto no Pazo da Cultura, ás 21 horas, dentro co ciclo Con voz propia, unha iniciativa organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa Fundación Caixa Galicia. A cantante é unha desas poucas artistas que derrochan voz, talento e enerxia no escenario. A súa música é unha fusión de estilos moi diversos que conviven á perfección grazas ao seu talento compositivo e interpretativo. Mestura con abraiante facilidade o jazz, o funk, o soul, o flamenco e os boleros, con algún toque de electrónica. Concha Buika destaca desde moi pequena polo seu talento musical pero despois de acudir a un concerto do guitarrista de folk jazz Pat Metheny en Londres, a música convértese na súa paixón. comeza a cantar en pequenas bandas locais con músicos americanos e mallorquinos como Miguel Rodríguez, Jacob Sureda, Mark Rossi, Israel Sandoval, etc. e durante os anos 90 colabora en diferentes producións onde destacan Ombra de La fura Dels Baus ou a banda sonora da película Km 0, de Rafael Albero. Paralelamente compón e arranxa temas como Ritmo para voçe, Up to the sky e Loving you, todos eles éxitos house en Europa. No ano 2005 publica o seu primeiro disco titulado co seu propio nome, Buika, que contou coa colaboración da cantante de Mojo Project África Gallego. Por ese traballo foi comparada con Erykah Badu. En marzo do pasado ano edita o seu segundo cedé, Mi niña Lola, no que toma máis protagonismo a copla e o flamenco e no que figuran clásicos como a propia Mi niña Lola, Ojos verdes ou Te camelo. Neste traballo contoi coa participación de músicos tan recoñecidos como Niño Josele á guitalla flamenca, Horacio El negro á batería, Jerry González á trompeta e José Reinoso ao piano. As entradas para este concerto custan 8 euros e estarán a venda na billeteira do Principal de 11 a 14 e de 17 a 19 horas, e no propio Pazo da Cultura desde as 19.30 horas ata a hora do concerto.