03 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
? segunda edición do Festival Galego de Cabaré que dirixe Nelson Quinteiro trae hoxe ata o Teatro Principal o espectáculo O grande musical. Trátase dun show que conta coa participación dos grupos Detòur co espectáculo Jazz de confiansa; Pepa e Davide con Cabaré D'aquí; Cabaret Manicómicos, con Manitroupe; Divino Malabar, con Cabaré nun trapecio e Sila Mitchell como Sicilia Boop. Mañá, sábado, representarase o espectáculo Femme fatale, con Sofía de Labañou, Bluesmakers, a compañía Femme Fatale, Ensesequilibrio, Yoni Mediogramo, Gabriella Sacaúntos e o grupo arxentino Erotikas. As entradas custan 5 euros, 3 para desempregados, estudantes e xubilados.