«Marín leva vinte anos estrangulado»

Alfredo López Penide
López Penide MARÍN

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Entrevista | Manuel Ruibal Pardavila O dirixente nacionalista marinense augura que as eleccións propiciaran una cambio de goberno e agarda que o seu partido lidere ese volco

13 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

As vindeiras eleccións de maio serán, en opinión de Manuel Ruibal, candidato do BNG ao Concello de Marín, para os nacionalistas «unha oportunidade de, dunha vez por todas, liderar o cambio que Marín necesita. Creo que o BNG está en disposición de liderar ese cambio». -¿Como ve os comicios? -Moi concorridos. Evidentemente, esperemos que haxa unha resposta positiva dos veciños de Marín ao noso proxecto de cidade. -¿Que é o prioritario que Marín precisa nestes intres? -O máis prioritario é evidente que é o PXOM, o documento base que vai permitir o desenvolvemento, o futuro de Marín. As grandes dotacións que Marín ten están hipotecadas pola incapacidade do grupo de goberno e polas limitacións de non ter un documento urbanístico onde estean recollidas esas grandes carencias. -A marcha de Antonio Santiago, ¿abre más o abanico para unha alternancia no Concello ou non implica necesariamente nada? -Non creo que a súa marcha sexa o motivo dun cambio de goberno, que ten que vir polas forzas políticas. Cremos que neste caso polo BNG porque Marín leva vinte anos estrangulado e inmobilizado, sen un proxecto de cidade. Por aquí pasaron os dous grandes partidos, o PP e o PSOE, e Marín non cambiou nada. Os grandes problemas están por resolver. Temos a ilusión de que os veciños deberían darse de conta de que hai que apostar por xente nova e que realmente poda darlle un cambio. Outros xa tiveron a súa oportunidade e a sorte da política e que cada catro anos temos que refrendar ou non ese traballo. -A sorte ou a desgraza... -Claro. A sorte para aqueles que temos aspiracións e a desgraza para quen se aferran ao poder como... -¿...Un cravo ardente? -Exactamente. Non me atrevía a tanto pero bo. Iso é así. -¿Como vai a lista que ides presentar nas eleccións? -A estamos a rematar, practicamente xa está rematada. Apostamos por un grupo de traballo, que vai a propiciar ese cambio. É xente nova, xente con ilusión, xente que está comprometida con Marín e xente que, en principio, vai a intentar dar o cambio que a cidade necesita.