? parroquia de Marcón celebra hoxe a primeira Festa Gastronómica da Fabada. coa degustación deste plato no campo de futbol do Carrasco, a partir das 13.30 horas. Esta festa é unha iniciativa da directiva do Marcón Atlético e ten como finalidade pasar unha xornada de confraternidade e lograr fondos para os equipos do club. A ración de fabada, acompañada como non podía ser menos de orella, panceta, chourizo e morcilla, custará 6 euros, no que se inclúe a cazuela de barro de 20 centímetros de diametro no que vai servida, unha culler, unha servilleta, pan e un vaso de viño. Logo funcionará un bar no que se poderán mercar bebidas e xelados. Sobre as 6 da mañá poranse ao fogo as cacerolas para facer o prato, que se elaborará no propio Carrasco. Colaboran nesta primeira edición da festa dez empresas e tamén a Brilat, que facilita as carpas e as potas. Un cociñeiro profesional será o encargado de preparar o menú para o que se mercaron 60 kilos de fabas e 25 de cada un dos seguintes ingredintes: chourizo, morcilla, panceta e orella, para preparar ao redor de 500 racións. O campo estará cuberto con dúas carpas, con con mesas e bancos para unhas 350 persoas, según indicou José Lorenzo, da directiva do Marcón. E ao remate, haberá un sorteo sorpresa. O Marcón ten dous equipos, un de xuveniles na categoría provincial, e outro senior en Primera rexional que xoga contra o Cambados, Sanxenxo ou Marín. A directiva quere formar equipos de base pero segundo José Lorenzo, a pesar de que en Marcón hai rapaces para facelo, prefiren xogar en outros equipos ainda que militen na mesma categoría.