TEATRO PRINCIPAL | 20.30 HORAS
03 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A Banda de Música de Pontevedra celebra hoxe unha gala lírica na que contará coa participación do barítono Javier Galán e o tenor Manuel de Diego. O concerto de romanzas, dúos e preludios de zarzuela estarán dirixido por Xosé Luís Represas. Interpretaranse temas de Chapí, Guerrero, Sorozábal e Soutullo-Vert. Por outra banda, a banda entregará ao público asistente varios programas para que elixa o que se intocará para o vindeiro concerto, previsto para o 25 de xaneiro.