Pontevedra afina a voz

La Voz

PONTEVEDRA

Praza da Ferrería Voz Audiovisual celebrou onte na cidade un cásting de cantantes para o novo programa da TVG «Son de Estrelas»

18 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Yaísa Beloso é de A Illa e ten tan só 16 anos. Pero atreveuse cun tema como Regresa a mí, de Il Divo, e con El sueño, de Rosa e Chenoa, na proba de voz que onte realizou para o novo concurso que prepara a Televisión de Galicia, dirixido a buscar os novos talentos musicais da comunidade e que comezará a emitirse a comezos do vindeiro ano. «Lo que más me costó -di tras pasar os nervios do cásting- fue cantar en gallego. Eso y los nervios...». E iso que xa ten experiencia. Con catorce, chegou ao cásting final de Eurojunior en Barcelona, xunto a outros 41 mozos de todo o país. «Me quedé a las puertas porque me puse muy nerviosa con las cámaras, pero me dije que no me iba a pasar más», recorda. Pero ten claro que se desta non a seleccionan, volverá probar sorte nunha futura edición de OT. «De momento, no puedo porque no tengo 18». Onte, durante a espera, na que a acompañou a súa nai (foi ela quen lle ensinou o recorte do xornal co aviso da proba) fíxose amiga de Laura Añón, de Carballo, que tamén sabe o que é sofrir nun cásting. «Hai dous anos estiven no de Operación Triunfo en Santiago, pero nada -comenta-. Pero polo menos, aquí déixanche cantar dous minutos, porque alí só eran vinte segundos e nada, nin che daba tempo a concentrarte». Leva sete anos en orquestras (agora está en Lamas) e ten claro que isto é o seu, como Yaísa. «Ten que gostarche moito, senón non o aguantas -sinala referíndose ao seu traballo-. No inverno lévase ben, pero no verán non paras». Outros aspirantes O cásting, que realizou Voz Audiovisual, que producirá o programa, contou con aspirantes de todas as edades. Mesmo unha anciá de 74 anos que tamén debutaba onte no coro da súa residencia e que non dubidou en acompañarse dunha pandereta para interpretar o seu tema. Tamén houbo quen se estreou nestas lides, como José Manuel, de Caldas, afeccionado á canción, pero que ata agora nunca probara sorte. Dentro dunhas semanas todos eles saberán a súa sorte. Tenda solidaria No caso de resultar elixidos, será todo un agasallo de Nadal para estes aspirantes. E agasallos pódense mercar tamén na tenda que un ano máis acaba de abrir por estas datas a ONG Solidariedade Internacional. O local ubícase na rúa Benito Corbal, número 38, e nela ofrécense produtos de comercio xusto, tanto de decoración, como xoguetes, artículos de textil ou bisutería, de preto de medio cento de cooperativas e organizacións de produtores de países de América Latina, África e Oriente Próximo. A novidade deste ano son os obxectos da India ou xoguetes de Sri Lanka. Ademais, SI ten tamén un posto na feria da praza do Teucro.