A organización de autónomos debate sobre a incidencia das leis nas microempresas

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

A Federación de Organizacións de Autónomos e Profesionais (OAP) de Galicia celebra a partir de hoxe en Pontevedra para analizar Cómo afectan as leis aos autónomos e microempresas. As charlas terán lugar no Centro Social Caixanova. Tras o acto de inauguración, as 19.30 horas, a primeira sesión de traballo versará sobre a prevención de riscos laborais nas microempresas, e estará a cargo do director do Centro de Seguridade e Saúde de Rande, Jesús Torres Pombo, e da técnico superior en prevención de riscos laborais Victoria Garrido Zalaya. A sesión do venres rematará cunha conferencia ás nove da noite a cargo da subdirectora xeral de Calidade Ambiental, Maria José Echevarría Moreno, sobre cómo afecta ás microempresas a normativa de residuos. A xornada do sábado dedicarase integramente a analizar a repercusión do Anteproxecto de Ley do Estatuto do Traballador Autónomo, unha regulación que para OAP Galicia «nace enferma». A partir das once da mañán do sábado vaise celebrar unha charla para analizar esta futura normativa. Intervirán o vicepresidente segundo da Confederación Nacional de Autónomos e Microempresas (Conapi), Miguel Ángel García Muñoz, e o secretario xeral de Conapi, Alejandro Sáez Sangar. Tras a clausura das xornadas, celebrarase un xantar de confraternidade no restaurante Nova Parada, de Combarro, para conmemorar o día do traballador autónomo.