Premios do concurso «Deseña sen drogas»

La Voz LA VOZ | MARÍN

PONTEVEDRA

? salón de plenos do Concello de Marín albergará o próximo luns, ao mediodía, a entrega de premios do concurso Deseña sen drogas, organizado polos Servizos Sociais e a asociación Érguete, e cofinanciado polo Comisionado do Plan Galego sobre Drogas. Neste acto darase un premio a tódolos participantes -alumnos do instituto Salvador Moreno e do colexio da Inmaculada- e tamén haberá un recoñecemento público á labor da Comisaría de Policía Nacional de Marín.