Entrevista | Marta Patricia Souto Para Marta Souto este foi un ano de obxectivos cumpridos. Ver xogar á Selección Galega era un sono pendente: viaxar no «Barco da memoria»
15 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?arta Patricia Souto cumpre o próximo 16 de setembro o seu primeiro ano sentada na butaca da delegación pontevedresa da Consellería de Cultura e Deporte. Fala, emocionada, dos moitos proxectos que foi tachando da lista. Na súa vida privada, as metas pendentes se agolpan a espera de que a política lle permita por o seu gran de area neses temas que máis lle preocupan. «Algún día viaxarei, pero con moito tempo, a Latinoamérica... para mín é importante coñecer a nosa quinta provincia», afirma a delegada. -Cúmprese o seu primeiro ano, é a hora de facer balances. ¿Cal é a súa valoración? -Este foi un primeiro ano de poñerse en rodaxe, de ir asentando o que é o traballo. Das ilusións que tiñamos, moitas xa están cumpridas. Polo tanto, eu teño moi bo sabor de boca. Gustaríame destacar o contacto coa xente que está traballando no mundo da cultura, na conservación do patrimonio, e no campo deportivo. -Tres facetas das que vostede se ocupa e que, dín, son algúns dos campos que dan máis satisfaccións políticas. -É certo. Facer política na calle, non desde os despacho ,é o máis gratificante. É moi positivo ter contacto directo coa xente, día a día apréndese moito e recibes moitas satisfaccións. Pero non só por parte da cidadanía, senón tamén do traballo e do esforzo dos compañeiros, que merecen un agradacemento. É unha das cousas que sempre quero poñer en valor. Traballar en conxunto, non só en Pontevedra senón tamén en outras consellerías, é fundamental para que se note a acción conxunta, a acción do Goberno... -E así, en conxunto, naceron proxectos como «Patrimonio no medio». Unha idea na que se segue a traballar, ¿non? -Sí. Temos un balance totalmente positivo. Se comenzou a traballar dende Medio Rural e Cultura, e desde comunidades de montes e asociacións siguen chamándonos moitísimo. Imos seguir traballando con este proxecto, e é algo realmente positivo porque estamos en contínuo diálogo coa sociedade. -Un diálogo polo que vostede aposta sempre. -O diálogo é fundamental. Non podemos seguir unha liña sen contar coa xente, é básico ter en conta as opinións da cidadanía, dos colectivos... -Fáleme da liña que segue «Patrimonio no medio». -Xente das comunidades de montes, veciños, arqueólogos e nós, facíamos un percorrido os domingos pola mañá con todos os que quixeron acompañarnos para percorrer os nosos montes e coñecelos. -¿Qué pensaban encontrar e que atopou en realidade? -A nosa premisa era dar coñecemento de quen somos, e, polo tanto, de quen podemos chegar a ser. Para eso, os que coñecen (e as veces descoñecen) os montes e a súa cultura querían traballar en común pola nosa identidade. As veces descoñecemos o que tenemos nas inmediateces, a carón noso, e por iso non o temos en valor. Penso que valoraríamos máis o monte se souperamos certamente todo o que hai tras él. -Falando de proxectos cumpridos, o «Barco da memoria» chegou xa a porto despois dun verán no que se fixo repaso por moitas memorias que parecían xa esquecidas. -Sabemos que este proxecto traspasou as fronteiras do noso país, e penso que a declaración do 2006, Ano da Memoria, foi un acerto moi importante que non termina o 31 de decembro. Ese proxecto era un acto de xuztiza para todo o que estivo loitando e, por riba de todo, para esa xente que estivo calada, por medo, por represión. Xustiza a esa xente que tivo que fuxir a Uruguay, a Arxentina... a xente que pagou coa súa vida. Esas mulleres, esos pais, esos fillos, esas familias... -¿Que sinten neses portos do «Barco da memoria», despois de tantos anos agardando ese reencontro? -É dos momentos máis gratificantes que recordo de este ano. Cando a xente se acerca e confiesa que estivo tanto tempo calada, e que agora poden verse recoñecidos. Non eles, senon os seus traballos, os seus feitos, as súas loitas... Había ganas de soltar o que os galegos levaban dentro, había sede de xustiza despois de tantos anos calados. Queríamos dar a posibilidade de falar. -E o deporte, ¿dá moitos quebradeiros de cabeza nesta delegación? -Da moitísimas alegrías. Un dos momentos máis especiais de toda a miña vida, e que recordarei sempre, é cando no estadio de San Lázaro salíu a Selección Galega para xogar contra Uruguay, sonou o himno e o balón púxose a andar. Foi un dos momentos máis gratificantes desta tempada, non só como delegada, senon como amante desta terra... Penso que nese intre saldouse unha débeda moi grande con Galicia. Despoís chegaron as seleccións de baloncesto masculino e feminino contra Xapón e agora co balonmán, contra Tunez. E os tres partidos de categoría masculina os gañamos, así que podemos dicir que somos unha potencia... ¡¡que espere Pekín, que imos alá!!