Premios da lingua

La Voz

PONTEVEDRA

Praza da Ferrería

28 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O Pazo da Cultura acolleu a entrega da primeira edición dos premios Xoán Manuel Pintos, convocados polo Concello e a Rede de Entidades Amigas da Lingua para distinguir ás persoas e entidades que destaquen pola utilización e o espallamento da lingua galega. Nun acto deste tipo, non podía faltar o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, que entregou un dos galardóns, o que lle correspondeu ao portal Vieiros. A súa sustituta no apartado cultural no Concello, María Xesús López Escudeiro, foi a encargada de entregar o que lle correspondeu ao grupo pontevedrés de contacontos Pavís-Pavós, integrado por Tareixa Alonso, Dolores Hermida, Andrea Bayer, Ismael Calvo y Xacobe Rodríguez. Recordo Ao acto asistiron numerosas persoas relacionadas co mundo cultural da cidade. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, actuando como anfitrión, pronunciou unhas verbas nas que se amosou compracido por as iniciativas de normalización lingüística do idioma galego, «que queren ser un referente na constelación, aínda incompleta, de esforzos que todos lle debemos ao noso principal patrimonio inmaterial, a lingua galega». Tuvo un recordo especial para a escritora María Victoria Moreno, quen levou un premio a título póstumo, ao tempo de suliñou tamén os merecimentos dos outros gañadores. A hora do conto Por certo, que o colectivo Pavís Pavós, respondeu ao premio -unha recreación do carballo de Santa Margarida e un diploma- contando un conto, o que mellor fan. Tras unha noite de distincións, onte pola mañán, os contacontos volveron ao seu traballo cos nenos nos obradoiros do Pazo da Cultura.