Burrito sabanero

PONTEVEDRA

DESDE A VENTÁ | O |

27 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

DESPOIS DE anos escoitando as mesmas panxoliñas polo Nadal, nestas festas un amigo descubríu unha cantiga que poderiamos calificar coma un dos éxitos do Nadal, ou polo menos reúne todos os requisitos para telo sido aquí, se existise unha operación triunfo de Fin de Ano. Refírome a un tema venezolano, ou iso me dixeron, titulado El burrito sabanero. Letra pegadiza, música rápida de rumba y una composición fácil de repetir. A letra, a verdade, non é que diga gran cousa, pero polo menos sirve como un pouco de aire fresco entre tanto tradicional peixe bebendo no río, que tampouco entendo eu que ten que ver co nacemento de Xesús. E xa que falamos de burros, por iso de que o Pisuerga pasa por Valladolid, poderiamos contrastar tanta exaltación de burros nas panxoliñas e tan malos tratos para estes animais na sociedade actual, e senón non hai máis que recordar a burra de San Xulián. Voltando ás panxoliñas, a verdade é que nestas datas tamén se escoita de todo. Desde o clásico Adeste fideles, pasando pola internacional Noite de Paz, temos toda unha lista de títulos de contido relixioso para escoller. Logo entra en xogo o que poderiamos chamar a relixiosidade popular, e aquí haiche tamén de todo, desde o da Virxe se está peinando, que tampouco dou entendido que ten que ver co Nadal. Non teñen moito sentido, pero non molestan. E despois, están as panxoliñas que, alomenos a min non me fan ningunha graza -aínda que non cabe dúbida que si llela fixeron aos que as compuxeron-. Refírome a aquelas que con marcado carácter ofensivo, atacan as crenzas dos que somos cristiáns e pretendemos selo non só de nome. Nesta sociedade presuntamente tan tolerante, tan ampla de ideas, non deixa de causar sorpresa que moitos non permitan que ninguén se ría das súas crenzas, pero perdan ese respeto ao falar de Xesús.