NA ÚLTIMA | O |

14 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

AS ANÁLISES de sobremesa sorprenden ás veces pola súa clarividencia. Un grupo de amigos trataban esta fin de semana de debuxar os rasgos comúns dos nenos que padecían no colexio a brutalidade física dos profesores. Os brancos das bofetadas non eran necesariamente os máis trastes, tampouco os burriños aos que lles costaba seguir o ritmo das clases, nin os insolentes, nin sequera os nenos ruins, máis preocupados por facer mal que por aprender. Despois de falalo, dous dos coincidiron en que os que recibían eran sempre os de carácter triste. Pero non os que resultaban apenados polo castigo, senón so infelices, eses que non logran despertar lástima, senón ira e incomprensión nos que conviven con eles. Os que rondan agora os trinta viviron unha escolarización de tansición, cun castigo físico en retroceso e profesores de dous tipos. Estaban os comprometido cos dereitos dos nenos, que se esforzaban por que foran éstes os principais defensores dos seus propios dereitos, e os que non renunciaban a deixar o castigo físico no que vivían instalados. En ocasións eran os propios pais os que animaban a un descoñecido encargado da educación dos seus fillos a que lles pegara, condenándoos para sempre ao grupo dos infelices.