O meu país

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

21 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

COMA tentar que a Terra xire ao contrario de como sempre o fixo. Coma querer que as estrelas se aliñen escribindo o nome do teu grupo de rock favorito. Coma pretender comprar un Porsche Carrera co soldo dun estibador. Como atopar unha agulla nun palleiro ou parella no deserto do Gobi. Coma empeñarse en voar movendo as orellas. Coma encontrarlle cinco pés a un gato. Coma descubrir a fórmula matemática que rexe as subidas e as baixadas da bolsa. Coma facerlle entrar en razón a un bispo. Coma subir os paquetes da compra ao teu quinto sen ascensor utilizando tan só poderes mentais. Coma cortar de raíz a calvicie que empeza a afectarche. Coma desexar ter os brazos de Iñaki Perurena despois de dúas semanas de ximnasio. Coma mover do sitio un monte cun berro, ou desecar un río coa mirada, ou tronzar en dous a Peregrina dun cabezazo, ou variar a orde das mareas, ou facer que haxa sol todos os días das vacacións. Coma tentar no hemisferio norte que a auga dun sumidoiro corra seguindo o sentido agullas do reloxo, así é o meu país.