NA ÚLTIMA | O |
10 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.UN AMIGO sostén que o que produce as verdadeiras situacións de estrés non son as xornadas de traballo desbordante, senón os momentos de lecer. A súa teoría basease en que a lista que a xente prepara para facer no seu tempo libre é demasiado longa, e o tempo, simplemente, non alcanza para facelo todo. O resultado é unha especie de frustración que leva a acumular aínda máis actividaes para o seguinte instante libre. E así sucesivamente. Agora un estudio venlle a dar a razón, pois, aínda que no último medio século as xornadas de traballo se teñen reducido notablemente, a oferta de ocio sufriu un crecemento exponencial. Traducido a procentaxes, mentras un traballador occidental dispón agora de media dun 7% máis de tempo fóra da súa ocupación laboral, as actividades que declara que quere facer necesitarían un 22% máis. O asunto non parece ter boa solución. Pero resulta máis inquedante outra cifra sobre os tempos que mudou dun xeito similar no último medio século. Hoxe, a xente durme unha media de doce horas menos á semana que nos anos cincuenta. Cento dous minutos diarios roubados ao sono que se converten nunha fábrica de estrés. Porque ese é o tempo de soñar, no que cada instante merece a pena e as porcentaxes de felicidade deberían ser absolutas.