Unha de espías

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

29 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

XUSTO CADNO os espías non viven os seus mellores momentos xurde unha historia fascinante. Os últimos acontecementos non eran especialmente esperanzadores, con todos eses informes dos servizos de intelixencia sobre Irak quedando en evidencia. En realidade non se trata de nada novo. Un dos responsables do servizo secreto da antiga Alemania do Este recoñeceu pouco despois da caída do Muro que os seus homes resultaban un desastre. Cando os enviaba a unha misión especial nas capitais europeas, perdíanse no metro, interpretaban mal os mapas e cousas polo estilo. Non era un mal exclusivo do réxime comunista. En Suecia pasou algo parecido. Despois do asasinato de Olof Palme, o xefe da seguridade do Estado confesou que os axentes perderan as veces incluso meses en seguirse uns aos outros, sospeitando dos movementos dos seus propios compañeiros. Sen embargo, agora sábese que polo menos un espía logrou esquivar a chapuza. Trátase dun axente polaco que acompañou ao último Papa durante todo o seu pontificado sen ser descuberto. Resulta fascinante. Porque meter un espía no Vaticano é algo así como poder escoitar detrás das portas do ceo.