El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
NA ÚLTIMA | O |
23 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NA CALLE 47 de Nova York, a coñecida rúa dos diamantes, os xudeus que monopolizan o negocio volven xuntos ás súas casas ao rematar a xornada montados en autobuses como os que utilizan os cativos para ir á escola. Trátase dunha medida de suguridade, pois nos petos dos abrigos de moitos deles, vestidos coa típica indumentaria hasidim, os ultraortodoxos que visten de negro con sombreiros de ala, longas barbas e patillas, poden viaxar media ducia de diamantes. Os escaparates das xoierías son algo ostentoso, con pezas de tamaños disparatados, se se ten en conta o prezo que alcanzan no mercado. Agora unha empresa dos Estados Unidos propón trasladar toda a ostentación da rúa 47 ao negocio en torno á morte. A proposta pasa por converter as cenizas dos mortos en diamantes, gracias a un método especial de prensado. O negocio non deixa de ser unha frivolidade. Reducir os recordos ao prezo dun diamante é vendelos demasiado baratos.