O cronómetro | A bisbarra celebra as Letras Galegas A feira do libro, a festa da lingua e a homenaxe do Burgo son as principais actividades do luns en Pontevedra, que se extenden aos municipios da comarca
15 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Pontevedra e a súa bisbarra renden homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas. Os actos céntranse na xornada de mañán, se ben hoxe hai sendos recitais do grupo de música tradicional Pai da cana, ás 20 horas no Centro Cultural O Peto, de Acevedo, na parroquia de Ponte Sampaio, e ás 22 horas no local da asociación Reviravolta, na rúa Arzobispo Malvar, 33. O luns, haberá Feira das Letras Galegas coa participación de cinco librarías na Ferrería. O escritor Agustín Fernández Paz asinará libros de 12 a 13.30 horas, e o xoven Ricardo C. Mora, asinará e presentará a súa última obra, Oito días nunha existencia violácea, ambientada na cidade de Pontevedra, de 18.30 a 20 horas. Ademáis, tamén pola tardiña, o ilustrador e colaborador de La Voz, Kiko da Silva presentará o último número da revista BD Banda. Libros viaxeiros A Assembleia Reintegracionista Ene Agá, o Movimento Defesa da Língua e Reviravolta, coa colaboración do Concello, organizaron para o luns a Festa da Língua, que ten como novidade a iniciativa de libros viaxeiros. Durante todo o día, haberá 140 exemplares polas rúas, que poderán ser recollidos gratuitamente e deixados noutra rúa. A través de Internet, www.gz.bookcrossing.com, pódese localizar cada libro e a súa circulación. Ademais desde as 11.30 horas, na praza da Leña, haberá música e teatro, coa actuación de Lemorai, Trópico de Grelos e a Orquestra da Gente que Encanta, do Instituto Béradêro do Paraiba (Brasil), xunto con Os Quinquilláns, que estrenarán Moby dick, e Codea e Miolo. A Asociación Socio-Cultural O Burgo preparou tamén a súa homenaxe a Xocas, que inclúe a elaboración, mañán, dunha alfrombra froral na rúa Manuel Murguía. A partir das 18 horas, iniciarase un acto con recitado de poemas e a actuación da coral da asociación e da Banda de Música de Pontevedra.