DENDE A VENTÁ | O |
02 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.JOSEFA Pazos Nores é unha entrañable anciá, residente no lugar marinense de Castro, e que posúe o récord de idade nesta comarca, con centoseis anos. Sorprende a vitalidade desta muller, con tres séculos ás súas costas, pero que aínda fai a súa cama, vístese e ten un apetito que lle permite comer de todo. Ve mellor agora que hai un ano, cando a operaron de cataratas e deixou de usar as gafas. Naceu o ano do desastre, da perda de Cuba, a súa traxectoria vital levouna ao longo dos anos a ver como aquela Galicia rural e a Arxentina da súa emigración se transformaban. Agora, máis dun século despois, pode contemplar con tranquilidade a entrada e saída dos barcos de Marín desde unha gran galería na súa casa que domina a ría. Pero aínda é máis sorprendente o seu interese por estar informada e ao día das cousas que pasan. Di a súa familia que non perde un informativo e que le a prensa tódolos días. Que cunda o exemplo.