Macroconcerto gratuíto no Recinto Feiral o vindeiro sábado A Tri Bus Band cantará temas míticos de Siniestro Total, Golpes Bajos ou Aerolíneas Federales
30 mar 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O vindeiro sábado chega ao Recinto Feiral da Xunqueira a caravana musical de O Xacobeo da mocidade, unha festa espectáculo da que xa disfrutaron 21.000 personas en varias cidades e que combina distintos tipos de música, baile, pinchadiscos, números de circo e animación e videocreacións de alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Xerado Estévez, coordinador de espectáculos do Xacobeo, o concelleiro Luís Bará, a delegada de Cultura Rosanna López, e Piti Sanz, líder da Tri Bus Band, presentaron onte esta festa que comezará xa ás 21 horas, momento en que se abrirán as portas, se ben o espectáculo en si está previsto para ás 22 horas. No concerto haberá grupos novos como Groove Fathers -que fan free jazz-, Loom -power pop- e os pontevedreses Sugar Mountain -rock escénico-, xunto coa banda invitada, Laio, de folk galego. Pero trátase tamén dunha festa multiétnica cos ritmos dos tambores africanos dos senegaleses Thiossane. Haberá ademais improvisacións musicais con Cuban Fussión e o pinchadiscos Vilou. A festa rematará ao cabo de tres horas, coa recreación dos temas da movida da década prodixiosa do pop rock galego dos oitenta. A Tri Bus Band, formada por 8 músicos experimentados máis doce das bandas citadas, fará soar cancións emblemáticas como Miña terra galega, Sector naval, Galicia canibal, Fai un sol de carallo, Ferrol ou Malos tiempos para la lírica. As entradas son de balde é poden recollerse invitacións no Pazo da Cultura e na delegación de Cultura.