Noticias curiosas

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

13 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

COÑEZO a un home simpático e falador que durante anos se dedicou a coleccionar as noticias curiosas que con certa frecuencia aparecen nos xornais. No archivo figuraban disparates de todo tipo como aquel que facía referencia a un choque mortal que perdía toda a súa dimensión tráxica ó ir titulada da seguinte forma: «Mueren en accidente de tráfico dos hombres y un portugués». A fonte máis fructífera para o dossier constituíao polo xeral a crónica de sucesos, na que ás veces o verso se deslizaba no terreo prohibido dos titulares. Así, nun diario apareceu publicada unha noticia encabezada por un musical «Heridas dos personas en Baralla al chocar su turismo contra una valla». O ano que entra non ten desperdicio para os coleccionistas que poderán ler hoxe na prensa que o Ministerio de Finanzas holandés lles prohibiu ós seus funcionarios vestir calcetíns brancos «por transgredir os límites dun comportamento decente no atuendo». Nas páxinas desta edición local tamén se fala dun conflicto veciñal pola invasión vexetal entre fincas que rematou publicado no Boletín Oficial da Provincia e que merece figurar nas mellores coleccións. Un dos afectados di que non se enterou porque non le. Non sabe os bos ratos que perde.