NA ÚLTIMA | O |

03 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

A LATA de uvas que merquei para celebrar o ano novo fora da casa resultou frustrante. Nada que obxectar ó sabor da fruta, que algúns dos que compartiron a experiencia inscribiron nun amplo arco que ía dende o mosto ata outros menos benévolos. O problema foi que, convencido polo lema da marca, que publicita as doce uvas da sorte, non tomei a precaución de contar as pezas de fruta que contiña o recipiente. Resultaron ser trece. Cando acabadas as campanadas aínda restaba unha uva no fondo da lata, pensei por un momento que o reloxio dera un golpe de menos. Despois dun segundo de reaxuste mental para recompoñer a situación, pareceume inxusto que o fallo viñera dos responsables de envasar o producto. Se se vende algo tan apreciado como a sorte, un número tan nefasto para os supersticiosos como é o trece non debera ter cabida. As uvas en lata deixaron un regusto amargo, así que cando remate este, celebrarei o ano cun racimo das que se mercan sen pelar. Cun pouco de sorte cóntoas ben, cómoas todas e aforro os comentarios sobre o sabor das que veñen peladas.