NA ÚLTIMA | O |

03 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CRÚZANSE estes días na prensa dos Estados Unidos tres historias nas que se mesturan sentementos con respecto ó dereito á vida. A primeira, por contradictoria en si mesma e carente de sentido, apenas debera merecer referencia. Un antiabortista, Paul Hill, matou a un médico por practicar interrupcións do embarazo, nun acto que amparou na defensa da vida. Hoxe mesmo será executado en Florida. Co que se a súa acción pretendía salvar vidas, de momento acabou con dúas. Máis complexa é a situación dun bebé que aínda non naceu. Tamén en Florida, donde o Estado reclamou a súa custodia para evitar que a nai abortara. Os catro meses de embarazo que leva a muller, por certo cun retraso mental profundo, son fruto dunha violación. Ademáis o neno tería malformacións e unha esperanza de vida curta. De momento, a artimaña legal impedirá que aborte. Xa non dá tempo Así que algo xa gañaron os grupos ultrarrelixiosos. Por último, un neno de doce anos, Parker Jensen, enfermo de cancro foi secuestrado polos seus propios pais para evitar que lle aplicaran quimioterapia. Non se trata de aforrarlle sufrimento ó rapaz. O que temen é que o fillo quede estéril. Eso contando con que o neno chegue a idade de poder procrear. Ten un 20% de posibilidades.