NA ÚLTIMA | O |
18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.OS sucesos nos que andan envoltos os burros adoitan ter un magnetismo especial. O animal ten un extraño poder para fomentar ó seu arredor toda unha cultura da broma e do mito, o que contribuiron xentes como Cela, quen, na súa defensa do bicho, chegou a regalarlle algún exemplar a unha das infantas. A cousa ven a conto de que a Policía Local atopou un burro amarrado á estatua de Castelao, na avenida de Santa María. Contaba con carro e todo. Sen embargo, ninguén o reclamou, condenando ó animal a ser transportado ata a protectora. Non é unha cuestión menor, pois polo visto, o futuro dos burros anda moi mal. Sen xente que os queira e sendo a súa potencia tractora substituida por modernos motocultores, o burro teno negro para sobrevivir en Galicia. Nunha ocasión, uns visitantes estranxeiros comentaron que andar polas corredoiras galegas, incluso polas máis mouras co asfalto recén botado, era como facer unha viaxe no tempo. A misma impresión tiraban de estampas como as das mulleres apañando na herba e turrando do burro para cargar sobre el a colleita. Haberá dez anos daqueles comentarios, tempo suficiente para que moitas cousas mudaran, incluida a disminución da poboación total do burro nas leiras. Son sacrificios do progreso, que inclúe sen embargo máis ventaxas que desastres. Como, por exemplo, que cando aparece un bicho amarrado a unha estatua haxa unha protectora de animais onde levalo. E que o suceso sexa noticia por atípico. Seguro que o que o deixou xunto a Castelao non sabía que a infanta ten un, que foi ademáis agasallo na súa voda. E que o que llo regalou era ademáis premio Nobel de literatura. Demasiada sutileza para un burro que preferiu abandonar ó bicho en lugar de convertilo en agasallo.