Progreso tardío

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

25 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NUNHA ocasión, hai oito ou dez anos, cando os que falaban por teléfonos móbiles vivían baixo o escrutinio feroz dunha maioría que os consideraba como o máximo expoñente da tontería e a ostentación, un grupo de rapaces metidos nun coche encheronse a insultar a un daqueles pioneiros que ía pola acera mantendo unha conversa pacíficamente polo aparato. A recua de improperios sucedeuse durante un bo tempo, alongada polo aminoramento da marcha do vehículo da pandilla ó seu paso polo home, que portaba na man un daqueles aparatos do tamaño dunha lata de piña en conserva e na cara una expresión de incredulidade total. Andarán os agresores agora polos trinta anos, se cadra cun pouco máis de xuicio na cabeza e, seguramente, cun telefoniño no peto. É difícil resistir ás necesidades que vai creando o mundo moderno. Sobre todo se resultan de utilidade. Un tendeiro de Gotemburgo conseguiu que o xuiz admitira como proba do roubo que sufriu unha imaxe do ladrón que tomou durante o atraco co seu mobil de última xeración. Coñecéndoo, que non daría aquel home por un aparato daqueles hai dez anos. Pero só para rirse un pouco ó ver agora a foto.