O presidente do Consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, firmaron anteonte o convenio de colaboración que permitirá a rehabilitación de 23 vivendas e edificios en Combarro. O plano para a revitalización do conxunto histórico artístico da parroquia de Poio ascende a máis de 430.000 euros, dos que 300.000 son para rehabilitación e o resto para urbanización e reurbanización dos edificios. O Ministerio de Fomento contribúe nestas construccións con 115.000 euros. As obras deberán estar rematadas antes do fin de 2005 e o Concello de Poio será o xestor das subvencións. Visitas turísticas Entre a segunda metade de xuño e a primera de xullo, arredor de 2.200 visitantes se achegaron ás oficinas de turismo de Combarro e o Casal de Ferreirós. Oitenta deses visitantes eran estranxeiros, e só 245 estaban aloxados na localidade de Poio.