¡ARRE HO! | O |
09 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O SIMPÁTICO é que todo o mundo o sabía desde o mesmo momento no que saíu pola televisión. Cando os locutores dixeron que había un cocodrilo nun embalse en Madrid todos soubemos que era unha trola: nesta parte do mundo o único que hai nos encoros pantasmas de Franco, que os inauguraba a pares, son piragüistas e vilas anegadas. Coñezo un paisano que naceu en Riaño, en León, nunha das casas que agora quedan no fondo do pantano, e a veces non pode durmir pensando en que un peixe ocupa o seu lugar na cama na que durmía cando era un neno. Cocodrilos en Madrid, ¿non? E o próximo, pirámides e esfinxes coa cabeza inexpresiva de Aznar, e bustos da súa señora ataviada coma Nefertari. Desde o principio soubemos que o asunto iba de coña, e, sen embargo, a Guardia Civil estivo unha semana buscando o animal. Pero os bulos venden, así que aquí vai o meu: ¿de verdade non saben aínda o do abominable home de Campañó?